Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas
0 com

O xogo da semana: Hate Red

(Pulsa no nome para cargalo)

HATE RED

PARA COMEZAR A XOGAR: Pulsa na frase de arriba de todo unha vez cargado o xogo, que pon "START HATING RED"

Voltamos á parte máis lúdica das novas tecnoloxías despois dun parón para poñer a proba a vosa habilidade odiando cousas.

Nesta ocasión encargarémonos de lanzar unha especie de bola que ten a propiedade de ir anulando todos os elementos azuis cos que se topa. Ditos elementos, unha vez golpeados, permanecerán nun estado latexante para desaparecer por completo á seguinte rolda.

O xogo remata positivamente cando somos capaces de golpear todos os elementos vermellos. E negativamente se nos quedamos sen proxectiles.

Co punteiro do rato manexamos un vector ou flecha que marcará a forza e dirección coa que enviaremos a nosa pelota, axudados por una liña que marca o percorrido que fará a bola.

Se a bola desaparece polo fondo, perderémola, mentres que si a bola queda a salvo, poderemos volver a lanzala.
0 com

O xogo da semana: Huge Adventure

Lembrades "Gluey" e "Huge Tower"?

Pois a aventura dos pegañentos Hujos segue neste espectacular "Huge Adventure" (preme no título para abrilo nunha nova ventá en xogar a maior tamaño), no que deberemos combinar as habilidades propias dun xogo de plataformas coas dun xogo de construción, acompañado de moitísimos niveis a cal máis apaixonante e de dificultade progresiva.

Nesta ocasión, os Hujos tras completar a Torre de Hujos de 40 niveis, han chegado a un asteroide des coñecido. Un dos Hujos penetra nunha caverna cando de pronto é rodeado por unha descoñecida sustancia que o envolve, transformándoo en... en que?

Utiliza os cursores para mover a personaxe, esquerda e dereita para andar, arriba para saltar, e aprovéitate das pegañentas cualidades do novo ser. Usa o entorno e a física para chegar ó teu destino. Pouco a pouco atoparás misterios que te permitirán incluso dominar o tempo (coa barra espazadora poder ralentizalo).

Usa o rato para as construcións de torres, como no xogo anterior e combina os dous estilos de xogo á vez.

Non deixes de probar a conclusión desta simpática e xelatinosa saga, que non se diga. E a ver quen é capaz de completar todos os niveis.
0 com

O traballo co GoAnimate

Vou a explicar de novo en que consiste o traballo que tendes que facer usando o programa GoAnimate, para a xente que ou ben non entendeu a explicación do outro día, ou non veu á clase.

O que tendes que facer é redactar un traballo para unha das asignaturas que cursades, utilizando en vez da narrativa habitual unha animación feita co GoAnimate.

Por exemplo, en Economía podedes explicar os dereitos do traballador, ou en Música a vida de tal compositor, ou os pasos que ten unha sinfonía, ou en Grego podedes falar das declinacións,etc... as posibilidades son infinitas.

Antes de acometer o proxecto, tendes que explicarme o que queredes facer para ver se é viable. Lembrade que se trata dun traballo de primeiro de bacharelato, circunscrito ó contexto do instituto, polo que deberedes coidar tanto a linguaxe empregada (palabrotas non) como a ortografía.

Ah, sería interesante que o traballo sexa visto tamén polo profesor encargado da asignatura en cuestión. O ideal sería que fose por si mesmo un traballo como calquera outro que facedes a cotío, puntuable e todo iso,... pero supoño que moitos profesores non están preparados aínda para o multimedia, ainda que quizá nos sorprendería.

Por último, insistir en que coidedes a calidade do traballo, sen copias descaradas da primeira referencia que atopades no google, e coa suficiente profundidade para que non pense que en realidade isto é 5ª da ESO.

Veña, sorprendédeme. Adiante coa creatividade ;)
0 com

Anímate co Go Animate

Esta semana imos xogar co GoAnimate, un servicio web que nos permitirá facer debuxos animados nun periquete, e incluso tunear a unha personaxe para que se pareza a nós.
Ainda que está en inglés, é moi intuitivo e visual, en ten moreas de opcións.

Os resultados pódense publicar na rede ou directamente nalgúns dos máis populares servizos de comunidade, como Facebook e similares.

Hay que rexistrarse para poder utilzalo, o que requerirá que usedes a conta de correo electrónico que creádeches para a asignatura en gmail.

Accedede dende eiquí: GoAnimate

Podedes atopar máis información sobre a aplicación e tutoriais na rede tecleando "goanimate" no teu buscador favorito.

GoAnimate.com: Presentación by Pascual

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!
0 com

Firebug: Crea os teus propios videoxogos

Firebug é un entorno que nos permite personalizar unha serie de minixogos programados en flash, de modo que poderemos incluso liberalos na rede para que os nosos amigos o usen.

Eiquí tes a reseña extraída de NEOTEO, e se queres ir directamente ó choio, pulsa en Firebug, crear xogos. Ouch, tamén está en inglés.


Exemplo feito co Fyrebug: TIC Balanza.

Fai medrar os Tics co rato e equilibra a balanza da cafetería de South Park.


Click here to make your own game on Fyrebug.com


Exemplo feito con Fyrebug: Tic Brick
Elimina aos malvados TICs coa túa supercabeza antes de que invadan a Galaxia.


Click here to make your own game on Fyrebug.com


Exemplo feito co Fyrebug: Tic Bunker
Defende a illa violeta do estrano ataque combinado dos Tics renegados, os pavos e as tartas.


Click here to make your own game on Fyrebug.com
0 com

O Xogo da Semana: Huje Tower

Ola.

Seguimos coas aventuras desta tribu de peculiares seres de xelatina, mocos, ou o que sexan estes "Hujos".

Neste caso has de axudalos a cooperar utilizando a súa pegajosidade para construír altas torres que poidan superar a liña vermella que se atopa no alto... Cada vez que agarres un Hujo coa túa man e o pases preto doutro, verás como os unen uns fíos de... cousa pegañenta... que se endurecerá rapidamente para ir formando estruturas.

Aproveita para elo os principios máis básicos da inxeniería e ten coidado coa gravidade e o vento.

Lembra que moitos Hujos son uns vagos redomados e se atoparán durmindo e sen ganar de facer nada a menos que os despertes tocándoos con outro compañeiro.

O escenario ás veces ofrece consellos e suxestións. Ten os ollos abertos.

¡Entrena ben, que o mellor aínda está por chegar!


0 com

O xogo da semana: Gluey

Esta semana comezamos unha serie de xogos que terán relación con masas viscosas, informes e pegañentas. Como os mocos!

Esas masas chámanse "Blobs" en inglés (ou Moles), ¿lembrades o blandi-blub?

O caso é que no xogo que comezamos temos que eliminar grupos de blobs de color que se fusionan entre si, de modo que os tarros nos que se precipitan queden absolutamente baleiros. Cantas máis blobs liquides de golpe, máis puntuación. Atento a como se desenvolven as demáis en canto a que selecciones desaparezca.

A ver onde chegades.

0 com

O Xogo da Semana: Balance

Balance é unha palabra inglesa que tanto pode referirse á báscula coma ó acto de equilibrar algo.

Este xogo reúne esos dos conceptos tan similares para retarnos a equilibrar a balanza.

O mecanismo é moi sinxelo, simplemente pinchando con punteiro comezaremos a crear unha bola que irá medrando mentres manteñamos pulsado o botón do rato. Como a física nos día, a máis materia máis masa, e polo tanto máis peso. Equilibra a balanza.

0 com

O xogo da semana. 99 Bricks: Legend of Garry

Regresamos do Nadal coas pilas cargadas e con moitas ganas de traballar. Non sí?

Pero por todos é coñecido o feito de que non todo na vida é traballo (cousa que me consta que sabedes ben), polo que seguimos a tradición de probar un xoguiño semanal.

Neste caso tócalle o turno a 99 Bricks: Legend of Garry.

Trátase dun xogo moi similar ó célebre TETRIS, no que diferentes pezas compostas por catro bloques caen pouco a pouco, tendo nós que movelas e rotalas de xeito que encaixen correctamente, para así poder acadar unha certa altura determinada por cada nivel.

Os controles básicos son as flechas do cursor do teclado, movendo de esquerda a dereita coas teclas respectivas e rotando coa flecha que apunta a arriba.

0 com

O Xogo da Semana: Saunavihta

Neste xogo teremos que destruír os elementos brancos do escenario para que o noso cadáver favorito poda darse un relaxante baño nas augas termais.

0 com

O xogo da semana: Meeblings

Os Meeblings son unha pacífica raza de boliñas coloreadas compostas na súa maioría por Meeblings laranxas. Debes levar un número determinado de meeblings ata o cartel de saída "Way Out" para superar o nivel.

Para elo deberás usar os poderes especiais dos Meeblings. Os amarelos son capaces de atraer ós outros co seu sorriso, mentres que os azuis asustan tanto ós demais que foxen del como alma que leva o diaño. Os vermellos cabréanse e poder queimar o chan sobre o que se pousan ata desintegralo. Etc...

Descobre por ti mesm@ as habilidades dos Meeblings e salva a súa raza.

0 com

O xogo da semana: Collider.

Vaiamos agora a por un pouquiño de destrución creativa poñendo a proba as nosas habilidades.

Collide consiste en soltar unhas bolas de diferentes tamaños que poden ser negativas ou positivas. O reto do xogo é xuntalas para que se aniquilen mutuamente.

As bolas verdes serven para axudarnos polo camiño.

A pensar creativamente!


0 com

O Xogo da Semana: Magic Pen

Neste xogo tendes que manexar unhas ceras máxicas coas que debuxar formas, pontes, etc... coas que empurrar o bola pequena de cara a bandeira.

Usa a tecla A para borrar coma se fose unha goma.

Usa a tecla S para facer un punto de unión entre pezas.

Usa a tecla D para facer un punto de articulación entre pezas.

A ver se chegades lonxe. E sobre todo, usade a cabeza.

0 com

O xogo da semana: Ponte de carga (CARGO BRIDGE)

Como parecer ser que sodes demasiado torpes para xogar ó Magic Pen, déixovos outro interesante xogo de pensamento econstrucción.

Tendes que construír unha ponte que permita o traslado de mercadorías, ollo de ida e volta.

Ó principio parece confuso, pero tendes que escoller as opcións na banda superior da pantalla, entrar en deseño de pontes (en inglés) e crear os tramos que necesitedes, coidando que a estructura sexa estable.

0 com

O xogo da semana: Nitrohaul

Neste xogo en flash deberedes deseñar e construír un vehículo que sexa capaz de transportar diversas cargas a través dunha paisaxe bastante accidentada.

Pon a proba a túa creatividade.





NITROHAUL