O Xogo da Semana: Huje Tower

Ola.

Seguimos coas aventuras desta tribu de peculiares seres de xelatina, mocos, ou o que sexan estes "Hujos".

Neste caso has de axudalos a cooperar utilizando a súa pegajosidade para construír altas torres que poidan superar a liña vermella que se atopa no alto... Cada vez que agarres un Hujo coa túa man e o pases preto doutro, verás como os unen uns fíos de... cousa pegañenta... que se endurecerá rapidamente para ir formando estruturas.

Aproveita para elo os principios máis básicos da inxeniería e ten coidado coa gravidade e o vento.

Lembra que moitos Hujos son uns vagos redomados e se atoparán durmindo e sen ganar de facer nada a menos que os despertes tocándoos con outro compañeiro.

O escenario ás veces ofrece consellos e suxestións. Ten os ollos abertos.

¡Entrena ben, que o mellor aínda está por chegar!


0 comentarios: