Mostrando entradas con la etiqueta Wikis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Wikis. Mostrar todas las entradas
0 com

Wikis: Definición

Que é unha Wiki?



Wikis e construción social do coñecemento (por Fran Blanco)


As wikis comparten numerosas características cos blogs, pero representan un paso máis no acelerado e imparable proceso de socialización da rede. A palabra “wiki-wiki” significa en hawaiano “rápido”; expresión repetida entre os remeiros das canoas que coñecen como ninguén o valor do esforzo colaborativo na consecución dunha meta. O termo utilízase entre os internautas para designar unha ampla colección de páxinas web que poden ser visitadas e editadas libremente por calquera individuo. O sitio medra grazas ao perpetuo traballo dunha comunidade de usuarios interesada nos mesmos temas.

No 1995 Ward Cunningham creou o primeiro wiki, unha enciclopedia sobre programas de computación que, co tempo, converteríase nun sitio case de culto sobre o extreme programming. Sen embargo, a maior e indiscutible fonte de coñecemento na rede é a Wikipedia: Un compendio do coñecemento humano en permanente proceso de construción e no que participan a diario centos de miles de usuarios en máis dun cento de idiomas. Converteuse, por dereito propio, na mellor enciclopedia open-source de Internet.

Actualmente existe unha enorme variedade de proxectos wiki xestionados por comunidades de usuarios que comparten algún interese común.
Desde un punto de vista estrutural, unha plataforma tipo wiki contén a información (organizada, como en todo proxecto web, en formato hipertexto) nunha base de datos, vinculada a un software tipo CMS que xera as páxinas de maneira dinámica. Os seus principais elementos son:

Editor de páxinas.- No que os internautas poden escribir os seus artigos ou realizar modificacións libremente sobre outros textos xa escritos. Algúns editores só permiten introducir texto plano; outros, como nos blogs, incorporan sinxelas ferramentas para dar formato aos textos e incluír vínculos. De maneira oculta, o texto é procesado conforme a unha plantilla que garante certa unidade estrutural e a disposición dos elementos comúns a todas as páxinas.

Control de cambios.- Que contén o histórico das modificacións realizadas sobre un texto. Os usuarios poden acceder os cambios máis recentes, sendo moi útil a característica diff que resalta os cambios entre dúas versións consecutivas. Grazas a este historial, calquera editor (a miúdo para previr o vandalismo) sempre poderá restituír o texto a unha das súas versións anteriores.

Motor de busca.- Permite atopar artigos no proxecto mediante a introdución de palabras clave. Nalgunhas wikis máis complexas pódense realizar buscas de texto completo e contextual. Tamén existen metabuscadores específicos (metawikis), que extenden a busca de contidos a outras plataformas wiki.

Linguaxe de marcación (hypertext markup) simplificado.- Máis rápido e sinxelo que o HTML que, malia dispor de menos funcionalidades, garante unha maior homoxeneidade estilística, xerando artigos máis estruturados e seguros.

Organización contextual da información.- Ao contrario que os blogs, nos que os artigos preséntanse en orde cronolóxica, as wikis permiten unha organización máis completa dos contidos; por temas e categorías (ou conceptos), podendo xerar de maneira automática un menú de navegación e táboas de contidos.

Sistemas de prevención de vandalismo. A filosofía igualitaria e aberta destas plataformas favorece a inclusión deliberada de erros, o borrado malintencionado de artigos e o agregamento de contido ofensivo ou non desexado (sobre todo spam) Este é unha das alegacións máis repetidas polos críticos da wikipedia e, en xeral, polos detractores dos proxectos colaborativos libres de dereitos de autor. Un dos máis coñecidos exemplos é o do xornalista americano Al Fasoldt, cuxa furibunda crítica contra a calidade dos textos da Wikipedia provocou unha vaga de investigacións que, viñeron a confirmar que o número de erros desta enciclopedia non é superior ao doutros proxectos avalados por grandes editoriais. Algúns dos mecanismos para previr actos vandálicos son: Posibilidade de bloquear temporalmente os enderezos IP de internautas indesexables, bloquear os contidos de determinadas páxinas, obrigatoriedade de rexistrarse para poder editar artigos, etc. Sen embargo, o mellor sistema reside na actitude de permanente revisión e autocrítica da propia comunidade de usuarios.

No tocante ás propostas educativas que saquen partido da tecnoloxía wiki, hai que dicir que o seu número é bastante máis reducido que no caso dos blogs. Se ben, existen algúns proxectos, principalmente universitarios, que intentan potenciar as actitudes colaborativas de profesores e alumnos na elaboración de manuais, boletíns, cadernos de traballo, guías didácticas, etc.

Segundo Fourtain (2005) unha wiki é un “palimpsesto público” que se adapta aos contornos educativos nun contorno de participación igualitaria que facilita tanto a xeración colaborativa de documentos como o desenvolvemento de todo tipo de actividades que requiran unha xeración de contidos participativa e igualitaria. Por este motivo considérase ás plataformas wiki unha ferramenta de especial importancia para a aprendizaxe colaborativo en rede.

Sintetizando a opinión de varios autores podemos destacar as seguintes tarefas didácticas empregando wikis:

1. Participación en proxectos educativos nos que se pida ao alumnado a realización de pequenas enciclopedias temáticas sobre os contidos dunha determinada materia.
2. Investigacións catalográficas e bibliográficas.
3. Recompilación e resumo de fontes documentais. Especialmente artigos de prensa sobre un determinado tema.
4. Elaboración de guías educativas e materiais complementarios aos manuais de referencia empregados en clase.
5. Libros de citas e listas de tópicos sobre un determinado tema.
6. Recollida de testemuños procedentes de entrevistas ou de opinións dos alumno sobre temas de actualidade.
7. En xeral, todo tipo de traballos colaborativos que fomenten as afeccións persoais ou estimulen o sentimento de pertenza a unha comunidade con intereses compartidos.

____________________________________________________________________

O verdadeiro potencial pedagóxico de todo proxecto wiki só pode espremerse ao máximo cando os seus promotores comprométense a respectar os tres principios filosóficos en que se asenta esta tecnoloxía:

- Participación igualitaria: Calquera pode modificar contidos e publicar artigos con total liberdade.
- Ausencia de coordinación centralizada: A totalidade do proxecto está dirixida pola vontade colaborativa dun número aberto (e potencialmente ilimitado) de usuarios.
- Renuncia aos dereitos de autor ou propiedade intelectual dos contidos: Todo é de todos. Calquera texto pode ser modificado, reempregado, ampliado, reestruturado e empregado do xeito en que cada cal estime conveniente. As achegas non lle deben asinar nunca. En definitiva –cuestión dificilmente asumible por moitas mentes académicas– o traballo faise de xeito altruísta e desinteresada.
0 com

Outras wikis

Ademáis da wikipedia, existen moitas outras wikis organizadas de forma temática.

Incluso podemos crear wikis dende cero sobre o tema que nos interesa a través de diverentes proveedores de servicios.

Imos ver algunhas das máis famosas.



Wikimedia
Wikipedia: La wiki de referencia más extendida. Autodefinida como un esfuerzo colaborativo por crear una enciclopedia gratis, libre y accesible por todos. Permite revisar, escribir y solicitar artículos.

Wikilibros: Libros de texto y manuales


Wikcionario: Diccionario


Wikiversidad: Contenido académico libre.


Wikinoticias: La fuente de noticias libres que tú puedes escribir.


Commons: Imágenes y multimedia.


Wikiquote: Citas y frases célebres.


Wikisource: Biblioteca en línea de textos originales que se encuentran en dominio público o que hayan sido publicados con una licencia GFDL.


Wikiespecies: Se espera que se convierta en un repertorio abierto y libre de especies. Se cubrirán animales, plantas, hongos, bacterias, protistas y cualquier otra forma de vida en la medida que nuestros usuarios las vayan completando.


Meta-Wiki: El sitio web de apoyo para los proyectos de la Fundación Wikimedia, que incluyen la enciclopedia libre Wikipedia y el software MediaWiki en que se basa.


Wikimania: Es una cita anual de usuarios y colaboradores de proyectos wiki dirigidos por la Fundación Wikimedia y una conferencia para presentar estudios, investigaciones, observaciones y experimentos relacionados con los proyectos, la cultura y tecnología wiki y el conocimiento libre.


Enciclopedias:

Anarcopedia: La primera enciclopedia wiki anarquista.



Conservapedia: Una enciclopedia escrita desde el punto de vista parcial y conservador. (En inglés)



Disinfopedia: Es una enciclopedia libre creada a partir de varias organizaciones con el fin de documentar sobre propaganda engañosa o fraudulenta. (En inglés)



Enciclopedia Libre: Un proyecto para crear una enciclopedia libre, universal y en español.



Epistemowikia: es una publicación seriada editada electrónicamente on-line. Epistemowikia es una publicación con espíritu enciclopédico y más que decir de ella que es una revista digital o una enciclopedia wiki, nos atrevemos a decir que es la hiperenciclopedia libre y abierta, y viva.



Javapedia: Es un proyecto abiertamente inspirado en Wikipedia. Su objetivo es la creación de una enciclopedia en línea sobre la plataforma Java. (En inglés)



LyricWiki: es un sitio web que alberga letras de canciones. Es un wiki que utiliza el software MediaWiki, el mismoWikipedia. Ocupa el lugar número 12 de las wikis más largas.



Solarpedia: nace con la intención de promover el conocimiento y el uso de la energía solar como una de las soluciones que puede ayudar a la sostenibilidad del planeta. Está totalmente basada en la wikipedia.



Wookieepedia: Enciclopedia sobre el universo de Srta Wars, incluyendo los seis filmes, las series de animación y el Universo Expandido. Lo gracioso es que "wookiee", una de las razas de ese universo de ficción, a la que pertencía el entrañable Chewbacca, se pronuncia de forma muy similar a "wiki".




Humor:

Uncyclopedia: Una wiki en inglés realizada en plan coña y muy difundida.



Inciclopedia: Versión española de la Unclycopedia, como ésta, en clave de humor. También tiene diferentes proyectos paralelos (y para lelos) como Incinoticias, Incilibros, Incitables o Incijuegos.



La Frikipedia: Versión paródica de la wikipedia en clave de humor, llena de disparatados artículos de calidad variable.
0 com

Wikis

(información extraída da propia wikipedia)

A Wikipedia é unha enciclopedia de contido libre. Está escrita en colaboración con moitos usuarios grazas a que esta páxina web é un Wiki, isto significa que calquera pode editala, ti incluído/a.

A Wikipedia comezou o 15 de xaneiro de 2001 coa versión inglesa. A Galipedia comezou a funcionar o 8 de marzo de 2003, agora mesmo hai 46.042 artigos creados. Ti podes axudar a que medre a Galipedia.

Todo o contido da Wikipedia está cuberto pola Licenza de Documentación Libre GNU. Os creadores fican sen a propiedade das súas contribucións, e a licenza copyleft asegura que as contribucións sempre estarán dispoñíbeis para a distribución e reprodución libre.

Outras linguas

A Wikipedia tamén existe en castelán e portugués. Hai igualmente versións da Wikipedia nas seguintes linguas:

Podes atopar Wikipedia en moitas outras linguas
Wikipedia noutras linguas

Wikipedias con máis de 2.000.000 artigos: Inglés

Wikipedias con máis de 150.000 artigos: Alemán · Francés · Polaco · Xaponés · Italiano · Neerlandés · Portugués · Castelán · Sueco · Ruso · Chinés · Finlandés

Wikipedias con máis de 25.000 artigos: Turco · Esperanto · Eslovaco · Checo · Catalán · Romanés · Ucraíno · Húngaro · Danés · Indonesio · Hebreo · Lombardo · Lituano · Esloveno · Serbio · Volapük · Búlgaro · Coreano · Estoniano · Árabe · Telugu · Croata · Cebuano · Nepal Bhasa · Galego · Grego · Tai · Noruegués (Nynorsk)

Wikipedias con máis de 15.000 artigos: Persa · Vietnamita · Malaio · Bishnupriya Manipuri · Bosnio · Basco · Inglés sinxelo · Islandés · Luxemburgués · Albanés · Xeorxiano · Bengalí · Azerí · Bretón · Ido

____________________________________________________________________

Galipedia

A Galipedia é o nome co que se coñece a Wikipedia en galego. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 44.961 artigos. Para unha relación dos acontecementos que foron sucedendo nesta Galipedia véxase: Wikipedia:Actualidade; para as estatísticas véxase: Especial:Statistics ou Wikipedia:Estatísticas.

A idea da Galipedia é a de ter, en galego, unha enciclopedia colaborativa coa que afondar no coñecemento. Para o mesmo, a Galipedia:

  • Está aberta á colaboración de todo o mundo.
  • Está aberta ás diversas correntes de pensamento, sempre que non sexan agresivas coas demais.
  • Está aberta a todos os temas.
  • Está sendo renovada constantemente.
  • Está en continuo crecemento.
  • Está en contacto coas outras wikipedias para mellorar dun xeito continuo.
  • Está aberta ao uso por calquera persoa que dispoña de acceso a internet, nas condicións de uso da GNU Free Documentation License.

Respecto a algúns datos sobre as celebracións do artigo número 20.000, véxase a páxina Wikipedia:20.000 artigos.