Mostrando entradas con la etiqueta Gimp. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gimp. Mostrar todas las entradas
0 com

Fotografía Dixital. Actividades.

A continuación enumerarei as tres actividades que tenden que resolver en entregar no eido deste apartado, a fotografía dixital e a edición da mesma. Recoméndase o uso do GIMP.

1.- RETOQUE FOTOGRÁFICO.

Consiste en colocar a unha persoa nun fondo ou ambiente diferente ó da foto orixinal. As imaxes deberían de ter as mesmas fontes de iluminación. Se a luz chega dun lado no fondo, non debería chegar do outro na figura humana.

Do mesmo xeito, as imaxes deberían ter resolucións e tamaños moi parecidos ou iguais para evitar problema de pixelado.
























2.- LIGHT PAINTING.

Nesta ocasión, usando velocidades de obturación moi lentas (por exemplo co modo de escena "Fogos artificiais" ou "retrato nocturno") e cunha fonte de luz faremos debuxos no aire de modo que queden impresos na foto.

Recoméndase o uso de trípode.

As fotos poden facerse sen flash ou con flash. O único que ter en conta que se disparamos o flash, crearemos os debuxos luminosos sobre unha forma estática. E sen flash, só vai a saír na foto (ademais da luz) o que permaneza sen moverse.

































3.- CLONS.

A idea é a de facer varias fotos sen mover a cámara nin os seus parámetros (enfoque, balance de brancos, etc) a unha personaxe e logo fusionar todas esas fotos para acadar unha única foto de clons.

Recoméndase o uso de trípode e o non uso de flash, de modo que as fotos permanezan o máis parecidas unhas a outras, así será máis doada a súa integración.

A forma de facelo é poñendo todas as capas unha enriba de outra no mesmo proxecto de gimp. Comezando pola capa máis arriba pulsamos sobre a capa na ventana de capas co botón dereito do rato e seleccionamos "engadir máscara de capa" e despois "blanco". Cando pintemos, ben co pincel como co aerógrafo e con tinta negra, faremos a capa invisible, e coa tinta blanca, opaca. Así, non queda máis que ir borrando con sentido e xa está.




















XEITO DE ENTREGA:

As tres fotos se presentarán subíndose á conta de Picasa que creara cada un na primeira avaliación.

Nun tema creado con nome de "Actividades de Fotografía Dixital" poremos o enlace ás fotos de Picasa e tamén poremos as propias fotos de xeito que se poidan ver dende o propio blog.

A data máxima para entregar as fotos será o Xoves 27 de Maio.

Nota: Atención ás imaxes que ides a utilizar. Se aparecen personas físicas deberedes contar coa autorización pertinente para poder publicala en internet. (Especialmente en caso de menores de idade)
0 com

Recursos gratuítos

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

Banco de imaxes. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta.
0 com

Programas para aterceira avaliación

DESEÑO GRÁFICO E TRATAMENTO DE IMAXES

Gimp. A versión gratuíta do famoso Photoshop, un poderoso editor de imaxes en formato de mapa de bits.

Descárgalo aquí.


Inkscape. Outro programa gratuíto que emula a grandes do deseño como o Corel Draw!. Excelenete para traballar imaxes vectoriais.

Descárgalo aquí.


TRATAMENTO DE SONS


Audacity. Un excelente editor gratuíto de ondas de son.

Descárgalo de aquí.