O xogo da semana: Huge Adventure

Lembrades "Gluey" e "Huge Tower"?

Pois a aventura dos pegañentos Hujos segue neste espectacular "Huge Adventure" (preme no título para abrilo nunha nova ventá en xogar a maior tamaño), no que deberemos combinar as habilidades propias dun xogo de plataformas coas dun xogo de construción, acompañado de moitísimos niveis a cal máis apaixonante e de dificultade progresiva.

Nesta ocasión, os Hujos tras completar a Torre de Hujos de 40 niveis, han chegado a un asteroide des coñecido. Un dos Hujos penetra nunha caverna cando de pronto é rodeado por unha descoñecida sustancia que o envolve, transformándoo en... en que?

Utiliza os cursores para mover a personaxe, esquerda e dereita para andar, arriba para saltar, e aprovéitate das pegañentas cualidades do novo ser. Usa o entorno e a física para chegar ó teu destino. Pouco a pouco atoparás misterios que te permitirán incluso dominar o tempo (coa barra espazadora poder ralentizalo).

Usa o rato para as construcións de torres, como no xogo anterior e combina os dous estilos de xogo á vez.

Non deixes de probar a conclusión desta simpática e xelatinosa saga, que non se diga. E a ver quen é capaz de completar todos os niveis.

0 comentarios: