Fin da segunda avaliación. Entregas.

Ola.

IMPORTANTE. LEER CUIDADOSAMENTE.

A data para a entrega de todos os traballos do trimestre é o xoves día 18 ás 16:00 horas horario peninsular, non aceptándose ningún traballo que supere ese prazo, sen importar a causa.

Xa estando correxidos os traballos feitos con Xtranormal, quedan pendentes de correxir o traballo sobre as Redes Sociais e o traballo sobre o contido dunha asignatura feito a través do Goanimate.

Redes Sociais: Os traballos foron lidos e comentados, atopándose practicamente todos carentes de contido e coa necesidade de ser ampliados ou mesmo reescritos para acadar o nivel esperado. A xente que vaia a reescribir os seus traballos deberá enviar un enlace ó mesmo ó meu correo de gmail utilizando o formato google docs. O correo é pascualvidal.barranha@gmail.com e o google docs foi explicado na primeira avaliación, polo que dase por supusto o coñecemento do seu uso.

O traballo de Goanimate será publicado nun tema no propio blog de cada alumno nunha mensaxe que se chamará "Traballo co Goanimate" mediante un enlace ó traballo realizado no citado programa online. Nesa mensaxe explicaredes en forma de texto a elección do tema escollido e as explicacións que consideredes oportunas, como asignatura escollida, etc...

Lembrade que todo traballo presentado de forma diverxente ó escrito non será avaliado, contando como non presentado (é decir, un 0).

3 comentarios:

Javier Pouso Sobrado | 17 de marzo de 2010, 10:11

Boas!!!xa teño publicado no meu Blog o traballo relacionado co GoAnimate.
Un saudo!!!

Maria!! | 18 de marzo de 2010, 2:58

ola, xa esta publicado no blog o traballo do GoAnimate.

Jenny!! | 18 de marzo de 2010, 3:06

Ola, xa teño publicado o meu traballo co GoAnimate, podes atopalo no meu blog.