O xogo da semana. 99 Bricks: Legend of Garry

Regresamos do Nadal coas pilas cargadas e con moitas ganas de traballar. Non sí?

Pero por todos é coñecido o feito de que non todo na vida é traballo (cousa que me consta que sabedes ben), polo que seguimos a tradición de probar un xoguiño semanal.

Neste caso tócalle o turno a 99 Bricks: Legend of Garry.

Trátase dun xogo moi similar ó célebre TETRIS, no que diferentes pezas compostas por catro bloques caen pouco a pouco, tendo nós que movelas e rotalas de xeito que encaixen correctamente, para así poder acadar unha certa altura determinada por cada nivel.

Os controles básicos son as flechas do cursor do teclado, movendo de esquerda a dereita coas teclas respectivas e rotando coa flecha que apunta a arriba.

0 comentarios: