Xtranormal. Fai as túas propias curtas na rede.

Se podes escribilo, podes facelo.

Ese é o lema da aplicación que presentamos, Xtranormal, un entorno en flash que nos permitirá facer as nosas propias creacións audiovisuais.

Ainda que a interface está en idioma inglés ou francés (polo de agora, pois é unha beta), é doada de comprensión e manexo, quedando as nosas posibilidades creativas únicamente limitadas pola nosa imaxinación.

Como decía máis arriba, con Xtranormal o lema é: "se podes escribilo, podes facelo".
Utilizando unha serie de guións, dotarás de animación e vida a unha serie de persoaxes para poder facer posible a película, ou curta, ou chiste visual, que sempre desexaches narrar.

Require rexistrarse.

Eiquí tes unha breve reseña do programa dende a páxina NEOTEO e de cómo utilizala. Ainda que está en inglés ou francés, os monicreques poderán falar en diversas linguas. Sí, poden falar!

Ten o problema de que ás veces ten un proceso de carga un tanto lento, pero tendo en conta que a aplicación é totalmente online, é compresible.

Vaite familiarizando coa aplicación de cara a facer unha creación no futuro.

Un exemplo das posibilidades da aplicación.

0 comentarios: