Exercicios co Audacity

Unha vez vistos os rudimentos para usar o Audacity haberá que realizar as seguintes actividades ou exercicios, de xeito individual.

Entre todas estas has de escoller as tres que máis te chamen a atención ou te gusten, sendo a primeira obrigatoria para tod@s. (É dicir, hai que facer a 1 e dúas máis a escoller).

1.- Creación dunha narración mesturando voz humana e efectos sonoros e/ou música. Pódese crear un conto infantil, un poema, una narración similar a unha radionovela, una lección de clase, etc... a imaxinación marca o límite. A duración do traballo non debería ser inferior a un minuto.

O texto interpretado pola voz human non ten que ser orixinal e pode ser unha adaptación. Nese caso deberedes citar ó autor.

Recoméndase facer en galego sempre que se poida, aínda que non é obrigatorio.

2.- Simulación de programa radiofónico de música. Consiste en coller un audio musical (ou un fragmento) e facer unha introdución narrada simultánea co audio, facendo que o volume da música baixe mentres o presentador fala, e viceversa. A duración aproximada será a dunha canción.

3.- Recreación dun son. Usando as diferentes ferramentas e efectos do Audacity colleremos un son concreto e o transformaremos noutra cousa completamente diferente. Presentarase o antes e o despois.

4.- Creación dun ambiente sonoro. Usando diferentes sons crearemos un ambiente sonoro concreto. Por exemplo, un día de praia, unha noite de verán, o barullo dun patio de recreo,... o que queiramos. Teranse que presentar ademais do resultado final os diferentes sons usados para facer a mestura.

0 comentarios: