Fotografía Dixital. Actividades.

A continuación enumerarei as tres actividades que tenden que resolver en entregar no eido deste apartado, a fotografía dixital e a edición da mesma. Recoméndase o uso do GIMP.

1.- RETOQUE FOTOGRÁFICO.

Consiste en colocar a unha persoa nun fondo ou ambiente diferente ó da foto orixinal. As imaxes deberían de ter as mesmas fontes de iluminación. Se a luz chega dun lado no fondo, non debería chegar do outro na figura humana.

Do mesmo xeito, as imaxes deberían ter resolucións e tamaños moi parecidos ou iguais para evitar problema de pixelado.
























2.- LIGHT PAINTING.

Nesta ocasión, usando velocidades de obturación moi lentas (por exemplo co modo de escena "Fogos artificiais" ou "retrato nocturno") e cunha fonte de luz faremos debuxos no aire de modo que queden impresos na foto.

Recoméndase o uso de trípode.

As fotos poden facerse sen flash ou con flash. O único que ter en conta que se disparamos o flash, crearemos os debuxos luminosos sobre unha forma estática. E sen flash, só vai a saír na foto (ademais da luz) o que permaneza sen moverse.

































3.- CLONS.

A idea é a de facer varias fotos sen mover a cámara nin os seus parámetros (enfoque, balance de brancos, etc) a unha personaxe e logo fusionar todas esas fotos para acadar unha única foto de clons.

Recoméndase o uso de trípode e o non uso de flash, de modo que as fotos permanezan o máis parecidas unhas a outras, así será máis doada a súa integración.

A forma de facelo é poñendo todas as capas unha enriba de outra no mesmo proxecto de gimp. Comezando pola capa máis arriba pulsamos sobre a capa na ventana de capas co botón dereito do rato e seleccionamos "engadir máscara de capa" e despois "blanco". Cando pintemos, ben co pincel como co aerógrafo e con tinta negra, faremos a capa invisible, e coa tinta blanca, opaca. Así, non queda máis que ir borrando con sentido e xa está.




















XEITO DE ENTREGA:

As tres fotos se presentarán subíndose á conta de Picasa que creara cada un na primeira avaliación.

Nun tema creado con nome de "Actividades de Fotografía Dixital" poremos o enlace ás fotos de Picasa e tamén poremos as propias fotos de xeito que se poidan ver dende o propio blog.

A data máxima para entregar as fotos será o Xoves 27 de Maio.

Nota: Atención ás imaxes que ides a utilizar. Se aparecen personas físicas deberedes contar coa autorización pertinente para poder publicala en internet. (Especialmente en caso de menores de idade)

0 comentarios: