O xogo da semana: Hate Red

(Pulsa no nome para cargalo)

HATE RED

PARA COMEZAR A XOGAR: Pulsa na frase de arriba de todo unha vez cargado o xogo, que pon "START HATING RED"

Voltamos á parte máis lúdica das novas tecnoloxías despois dun parón para poñer a proba a vosa habilidade odiando cousas.

Nesta ocasión encargarémonos de lanzar unha especie de bola que ten a propiedade de ir anulando todos os elementos azuis cos que se topa. Ditos elementos, unha vez golpeados, permanecerán nun estado latexante para desaparecer por completo á seguinte rolda.

O xogo remata positivamente cando somos capaces de golpear todos os elementos vermellos. E negativamente se nos quedamos sen proxectiles.

Co punteiro do rato manexamos un vector ou flecha que marcará a forza e dirección coa que enviaremos a nosa pelota, axudados por una liña que marca o percorrido que fará a bola.

Se a bola desaparece polo fondo, perderémola, mentres que si a bola queda a salvo, poderemos volver a lanzala.

0 comentarios: