Palabras da rede: OWNED

Owned é unha expresión de orixe americano que proven da verba "Own", que significa "propio" ("owned" sería propiedade, como algo que se posúe). Como verbo tamén pode significar ter, posuír, recoñecer ou confesar.

En internet ten un significado completamente diferente. Significa facer o ridículo, quedar en evidencia ou ser obxecto da burla dos demáis, case sempre por un error noso. Tamén cando tentamos aparentar algo ou enganar a alguén e somos descubertos.

A orixe deste término dise que ven dos remotos anos 90 de cando unha persona pirateaba un servidor alleo, que ás veces firmaba o seu traballo con owned, co significado de "te teño", referíndose ós arquivos do servidor.

Tamén a fináis dos 90 comezou a popularizarse a expresión nos xogos en rede, similares ó World of Warcraft cando un xogador mataba a outro e se apoderaba dos seus bens, armas, ouro ou o que fose.

Así pois, a verba evolucionou ata o que é hoxe en foros, chats e blogs, unha expresión que se utiliza para resaltar que alguén foi sorprendido nun engano, cando alguén fai o ridículo,... unha especia de "quedarse contigo" do noso idioma.

Pouco a pouco foi tomando tamén un sesgo escatolóxico, polo que é frecuente atopar esa expresión firmando fotos de xente en estados de embriaguez, posturas indecorosas ou situacións humillantes.

O que ownea



Grazas á personaxe dos Simpson, aquel que se burla de alguén que é "owned" utilízase a expresión "facer un Nelson".




Hai unha última acepción que é o Failed, (fallado, fracasado), agregándolle ó verbo do fracaso a expresión Owned.

Dase cando alguén tenta facer algo, especialmente con intención de chulearse e faino mal ou fracasa, facendo que a xente se burle especialmente de él. Esto sucede moito cando alguén quere presumir de bens materiais, como motos, coches, etc...

Videos de failed - owneds



0 comentarios: