Sobre o traballo das redes Sociais

Ola, estima@dos alumn@s.

A seguinte mensaxe vai dirixida a aquel@s que se sentan aludid@s, nin máis nin menos.

Atópome profundamente decepcionado ante a maioría das redaccións presentadas por vos para o traballo das Redes Sociais. Amosades, ou esa impresión me dades, ben un desinterese no traballo impropio da vosa idade, ou unha incapacidade de redacción preocupante. Non sei que é peor, se a pereza ou a torpeza, aínda que as dúas teñan cura. (a menos que existan outras causas que eu descoñeza, cousa totalmente posible, claro está)

Cando afrontedes un traballo de redacción, hai que ter en conta unha serie de normas e procedementos para que o resultado sea cando menos convencional, non propio dun rapaz de primeiro da ESO.

Para elo, o primeiro é concienciarse de que se trata dun traballo puntuable nunha asignatura de catro horas semanais no Bacharelato. Non en Primaria, nin sequera na ESO. No Bacharelato, meus!

Entón, hai que seguir un proceso sumamente lóxico que parece mentira que a estas alturas non deades feito.

1- Documentarse sobre o tema en cuestión, utilizando para elo os medios necesarios, dende bibliotecas e entrevistas persoais, ata xornais ou medios telemáticos. A información debe contrastarse na medida do posible e sempre é importante citar á fonte orixinal, especialmente ao amosar datos concretos ou estadísticas. Por suposto, a documentación non é o proceso de copiar e pegar. Iso é un insulto para a intelixencia do autor e do lector.

2- Contrastar o aprendido coa documentación ou experimentación co que xa se sabía, é dicir, a experiencia persoal de cada un. Poñer en claro deste xeito todo o coñecemento que temos sobre un tema dado, para despois escoller que é o queremos coller para engadir ao noso traballo. Sempre hai cousas que se din e outras que se calan. Por diversas razóns, claro está.
En canto ás opinións personais, son interesantes e importantes, e habería que adicarlle un espazo no traballo. Agora ben, os traballos non deberían ser exclusivamente espazos de opinión persoal non contrastada. Iso chámase "diario".

3- Facer o borrador inicial do traballo. Hai que darlle unha estrutura que resulte clara para o lector. dependendo da extensión do traballo, se separará a información en párrafos ou capítulos, tendo en conta algún tipo de orde (cronolóxico, conceptual, experimental, o que sexa). É importante que o traballo vaia amosando o seu contido seguindo un orden, para non ter traballado un punto, falar de outro e voltar de novo cara atrás.

4- Correccións, ortografía, estilo. Unha vez feito o borrador, se lle dá un repasiño para ver que todo está onde debe, que a ortografía é a correcta (hai correctores ortográficos que se poden integrar no navegador). Se lee, moi importante, para ver como resulta para a persoa que o vaia ler, etc...

Isto son nocións do máis básico para facer calquera traballo, por diminuto que pareza. É a forma de que os vosos textos teñan peso e importancia, non que sexan escritos elaborados con presa e sen interés.




En canto ás Redes Sociais, deixovos algunhas ideas que podedes coller para o traballo.

Que son as Redes Socias? Para que sirven? Fan algo que non poida facerse doutro xeito? Que innovacións presentan? Cales son os seus atractivos reais? Como chegaches a utilizalas? Cando foi o teu primero contacto con elas? Son unha moda? Son perigosas (control da privacidade, datos, adicción, falsidade,...) Que lle damos nós aos seus creadores para que eles nos proporcionen Redes Sociais gratuítas? De verdade se coñece xente? Tipos de usuarios das redes Sociais. Análise da rede que cada un use. Por que hai tantas Redes Sociais? Son realmente diferentes? Por que usas unha e non outra? Que pasa cos cadáveres que ninguén recolle (acordádesvos do fotolog? Alguén o segue a usar coma antes?) Que pasa cos datos que abandonamos despreocupadamente? Ten posibilidades de uso na escola algunha Rede Social que coñezas? Que cambiarías na rede Social que usas? Hai que di que lugares como o Tuenti son espazos para lucirse en fotos e ligar (de ahí o de clasificación por zonas de marcha). Que te iso de certo na túa opinión? Pode ser que as redes Sociais poidan compremeterte para adoptar cargos públicos ou determinados postos de traballo no futuro se se emprega de modo incorrecto?

Esas son algunhas das posibilidades á hora de explorar este fascinante mundo no que tantas horas de vida se invirten.

A ver se os sirve de axuda.

2 comentarios:

diego | 23 de enero de 2010, 3:29

http://diegoboiro.blogspot.com/2010/01/redes-sociales-una-red-social-es-una.html

diego | 23 de enero de 2010, 3:29
Este comentario ha sido eliminado por el autor.