Flock. O navegador web máis social.

Co crecemento e desenvolvemento das redes sociais, botábase de menos algunha maneira de integrar as múltiples e diferentes contas de usuario que podemos ter nas numerosas opcións que ofrece a rede 2.0, como Twitter, Tuenti, Facebook, Myspace, Hi-5, etc...
Flock é unha solución baseada (e compatible) co Firefox, destinada a integrar no propio navegador diferentes posibilidades orientadas a facilitar a navegación entre diferentes redes sociais, por exemplo, permitindo subir imaxes ás nosas contas de Facebook dende o propio navegador, administrar as contas de usuario de redes sociais e sitios coma youtube, e moitas e moi numerosas opcións.
No sitio Visualbeta fan un breve análise e recompilar puntualmente todas as novidades desta e doutras aplicacións.
Dende aquí poderás baixar a versión para sistemas operativos windows, ainda que existen outras versións.
0 comentarios:
Publicar un comentario