O xogo da semana: Meeblings
Os Meeblings son unha pacífica raza de boliñas coloreadas compostas na súa maioría por Meeblings laranxas. Debes levar un número determinado de meeblings ata o cartel de saída "Way Out" para superar o nivel.Para elo deberás usar os poderes especiais dos Meeblings. Os amarelos son capaces de atraer ós outros co seu sorriso, mentres que os azuis asustan tanto ós demais que foxen del como alma que leva o diaño. Os vermellos cabréanse e poder queimar o chan sobre o que se pousan ata desintegralo. Etc...
Descobre por ti mesm@ as habilidades dos Meeblings e salva a súa raza.
0 comentarios:
Publicar un comentario