Plantillas para o blog.

Blogger trae por defecto unha serie de plantillas ou templates que non amosan todas as posibilidades estéticas do sitio, facendo que os deseños sexan bastante repetitivos.

Sen embargo, existe a posibilidade de construír os nosos propios temas, ou ben descargar os innumerables que hai xa feitos na rede e postos a disposición dos usuarios polos seus autores.

Para poder instalar unha plantilla nova no voso blog hai que facer o seguinte.



  • Ides á pestana "Deseño" do blog, e escollede a opción "Edición de HTML"
  • Primeiro facemos unha copia de seguridade da plantilla actual por si algo vai mal ou queremos recuperar o aspecto inicial. Para elo pulsamos "Descargar plantilla completa" e gardamos os arquivo ben gardado despois de poñerlle un nome que describa o que é.
  • Para cargar unha plantilla doutra persoa dou por suposto que xa a tedes descargada e accesible dende o voso equipo. Simplemente hai que subila usando o espacio para subir plantillas, "Examinar" para buscala no equipo e "Subir" para subila.
  • Pulsamos abaixo de todo "gardar plantilla" para que os cambios sexan permanentes. Vemos os cambios, axustamos o que consideremos e listo!

Aquí ven como facelo de maneira máis detallada

Máis do mesmo

Un vídeo de como facelo.

Exemplo de plantillas, neste caso 50 plantillas listas para ser instaladas

Un blog dedicado a plantillas para blogger.

Outro blog sobre deseño de blogs en castelán

Lembrade que a través dun buscador (google, yahoo, altavista,...) poderedes chegar a máis tipos de plantillas, creadas por y para usuarios. Simplemente lembrade que a cortesía manda sinalar de onde as sacades e agradecer ó autor.

0 comentarios: