Actividade: Realización dunha presentación.

A seguinte actividade será a realización dunha presentación de diapositivas (por exemplo usando Presentation de Google Docs.

A presentación deberá ter ó redor de 10 diapositivas, nas que contaremos tanto con imaxes como con textos (obligatoriamente en cada diapositiva). Por suposto, é interesante que se faga un pouco de investigación previa sobre o tema, non ab(usar) do copiar e pegar, e ter en conta as condicións de utilización de fotos con copyright.

Os temas sobre os que facer a presentación son os seguintes, a escoller un:

- Explicar os pasos que hai que facer para abrir unha conta de correo electrónico.

- A biografía dunha personaxe famosa.

- Contar un conto, chiste ou fábula.

0 comentarios: