ACTIVIDADE de colaboración coa Wikipedia.
Nesta actividade deberedes facer unha ou varias colaboracións coa Wikipedia. Ben en castelán, ben en galego.As colaboracións poder ir dende completar algún artigo, a crear artigos novos, traducir artigos, engadir imaxes ou contidos multimedia libres de dereitos, etc...
As colaboracións poden ser sobre cousas do voso entorno ou parroquia, área de interese, afición, etc...
A wikipedia non é unha páxina calquera sobre a que desbardallar sen ton nin son, ollo. Hai que ser serios e exhaustivos e utilizar a guía de estilo da mesma. Así que antes de facer nada permanente é importante familiarizarse co funcionamento da wikipedia nunha área de proba para poder trastear sen medo a estropear nada.
Antes de comezar a escribir, tomádevos un tempo para ler, especialmente algunhas destas seccións.
Galipedia: Como colaborar
Wikipedia: Cómo colaborar
Recoméndovos que esbocedes os vosos artigos utilizando a aplicación DOCS de Google, na que poderedes gardar os textos e acceder a eles de forma online dende calquera ordenador.
Aquí tendes unha pequena guía das posibilidades de google docs.
En resumo.
- Hai que facer unha contribución á wikipedia, como usuario rexistrado da mesma.
- A colaboración que fagades a publicades no voso blog nunha nova entrada, cun enlace á wikipedia onde se atope a vosa colaboración.
- Tamén publicades o escrito no propio blog, para que permaneza íntegro sin que outros usuarios wiki poidan modificalo.
- Atención, os traballos que sexan eliminados ou bloqueados por administradores da Wikipedia non contarán como traballo feito de cara a nota. Unha entrada eliminada significa que hai que facer outra. (E ten que durar todo o primeiro trimestre)
0 comentarios:
Publicar un comentario